Fotos da conferencia sobre Android do día 5 de Maio no IES San Clemente
By admin | Mayo 10, 2010
Aquí tedes algunhas fotos da conferencia sobre Android do día 5 de Maio.
![]() ![]() |
![]() |
![]() |
Topics: Xeral | Comentarios desactivados
Programación de dispositivos móbiles con Android
By admin | Mayo 5, 2010
O próximo xoves 6 de maio, José Cortés da empresa Frogtek, impartirá unha charla-taller sobre desenvolvemento de aplicacións en Android.
![]() |
A charla terá lugar no salón de actos do IES San Clemente a partir das 16:20. |
Topics: Tecnoloxía | Comentarios desactivados
O iPad visita o San Clemente
By admin | Mayo 4, 2010
A empresa SmallWonders de Lugo impartiu un relatorio de programación de videoxogos para iPhone, iPod e iPad.
O relatorio tivo unha duración de máis de dúas horas, no que os asistentes tiveron a oportunidade de participar en máis de 3 talleres relacionados co mundo dos videoxogos.
Tres grupos formados por 4-5 persoas puideron ser beta-testers do novo xogo que vai a presentar SmallWonders, aportando deste xeito as súas impresións, melloras e fallos encontrados.
Tamén puidemos ter acceso ó novo iPad de Apple que se poderá reservar a partir do Luns día 10 de Maio, e ver a calidade e velocidade do novo dispositivo.
O próximo xoves día 6 de Maio terá lugar unha nova charla sobre a programación de dispositivos móbiles. Neste caso tocaralle á plataforma Android.
Topics: Tecnoloxía | Comentarios desactivados
Ubuntu 10.04 LTS dispoñible para descarga no IES San Clemente
By admin | Abril 30, 2010
Xa tedes dispoñible para descarga as versións server e desktop para AMD 64 bits e i386, en Instalar/so/_Linux/Ubuntu_10.04/
Saúdos.
CECASACLE I+D
Topics: Software | Comentarios desactivados
Relatorio programación de aplicacións para iPhone e iPod no IES San Clemente
By admin | Abril 23, 2010
A empresa SmallWonders de Lugo, impartirá o próximo Luns 3 de Maio ás 16:00 horas un relatorio de introducción á programación de aplicacións para iPhone e iPod no salón de actos do IES San Clemente.
Promete ser moi interesante, así que estades todos os alumnos invitados á asistencia a este acto.
Saúdos.
Topics: Xeral | Comentarios desactivados
Concurso FP Idea
By admin | Marzo 22, 2010
A Consellería de Educación convoca un concurso para alumnado de ciclos de grao superior: “Emprender na formación profesional”. Preténdese con esta iniciativa:
- Potenciar a realización de proxectos empresariais.
- Impulsar o desenvolvemento de novas ideas entre o alumnado.
O prazo de inscrición e entrega de documentación está aberto ata antes do 30 de abril de 2010.
Nas seguintes ligazóns pódense atopar o formulario de participación e as bases reguladoras, onde se especifica a documentación a presentar.
Descargar as bases reguladoras
Existe un correo-e e un teléfono para resolver dúbidas:
fpplus@edu.xunta.es
Teléfono: 981 54 65 38
Máis información na web da Consellería.
Topics: Xeral | Comentarios desactivados
HTML 5, o que está por vir
By admin | Marzo 20, 2010
A nova versión da linguaxe utilizada para a creación de páxinas web, non só será unha evolución da versión HTML4, senón que tamén substituirá e aglutinará outras linguaxes xurdidas ao redor da versión orixinal, como DOM2, XML e XHTML.
HTML5 está pensada para dar soporte ás últimas tecnoloxías e usos de Internet, como a reprodución de vídeo e audio, a xeolocalización de usuarios e servizos, etc.
Fonte: Consumer
Topics: Tecnoloxía | Comentarios desactivados
Proxecto eTwinning: Sustainable Sea
By admin | Marzo 9, 2010
O grupo de alumnos de 1ºSMR do IES San Clemente ven de rematar a súa participación neste proxecto, que utiliza o tema transversal da sustentabilidade do mar para conseguir que os alumnos participantes realicen un intercambio cultural, se comuniquen entre eles en inglés, e utilicen as TIC.
Rio Sarela - Proxecto eTwinning
Trátase da primeira vez que os alumnos participan nun contorno de aprendizaxe colaborativo, interactuando con compañeiros doutros países e utilizando o inglés como idioma común. Usaron unha aula virtual e unha das actividades consistiu na realización dunha enquisa, análise e posta en común dos resultados.
Destacamos como resultados do proxecto:
- Realización dun exercicio real de principio a fin, relacionado co módulo “Aplicacións Ofimáticas“: os alumnos enfrentáronse á situación de realizar unha enquisa, pasar os datos a unha folla de cálculo, interpretalos, crear gráficos significativos, e crear un informe final nun procesador de textos.
- Practicar o inglés y toma de conciencia por parte do alumnado de que é imprescindible o seu coñecemento e uso para os profesionais da informática.
Enlace aos informes dos alumnos.
Alumnado participante:
Pedro Abalo Costa, Lara Vázquez Caamaño, Alberto Rey Rey, María José Suárez Varela, David Anta Cacharrón, Francisco Alonso Rodíguez, Mª Cristina Liñares García, Mª Teresa Balo Martínez, Sarai Cordo Fontáns.
Praia de Compostela - Proxecto eTwinning
Topics: Xeral | Comentarios desactivados
Visita a o viveiro de empresas de Costa Vella
By admin | Marzo 4, 2010
O próximo 29 de abril o alumnado de 1º de Ciclo Superior visitará o viveiro de empresas do parque empresarial de Costa Vella.
A saída será ás 12:10 horas dende o IES Rosalía de Castro en autobús.
Durante a visita explicarase como é o proceso de creación dunha empresa. Farase tamén unha visita ás instalacións con explicaciónn sobre o viveiro. Finalmente ofrecerase un catering.
Topics: Departamento | Comentarios desactivados
Relatorio sobre propiedade intelectual no San Clemente
By admin | Febrero 24, 2010
Mañá, 25 de febreiro ás 12:00, impartirase no salón de actos do IES San Clemente un relatorio sobre propiedade intelectual e novas tecnoloxías. O relator será Fernando Suárez Lorenzo, presidente do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia.
A conferencia durará entre 30 e 40 minutos deixando un amplo espazo de tempo para o debate.
Topics: Departamento | Comentarios desactivados
« Previous Entries






