De Manuais Referencia Departamento Informatica

Contenido

Listado dos principais conectores

Os conectores para periféricos que podemos atopar nos PCs son os seguintes:

Conector Denominacións Periféricos conectados
Imagen:mini-din-rato.gif Mini-Din, PS/2 (6 pins, femia) - Verde Rato
Imagen:mini-din-teclado.gif Mini-Din, PS/2 (6 pins, femia) - Violeta Teclado
Imagen:din.gif Din (5 pins, femia) – Placas AT Teclado
Imagen:db-25-femia.gif DB-25 Femina, Paralelo, Porto LPT (25 pins, femia) Impresora, Escáner,...
Imagen:db-9-macho.gif DB-9 Macho, Serie, Porto COM, RS-232 (9 pins, macho) Rato, Módem externo, Consola,...
Imagen:usb.gif USB (4 fíos) Rato, Teclado, Impresora, Escáner, Cámaras,... "de todo"
Imagen:firewire.gif Firewire, IEEE 1394 (6 fíos) Cámaras de vídeo, "rede",...
Imagen:esata.jpg eSATA Discos duros SATA
Imagen:rj45.gif RJ-45 Rede Ethernet
Imagen:jacks.gif Jacks:
  • Line In (Azul): Liña de entrada
  • Line Out (Verde): Liña de saída
  • MIC In (Rosa): Entrada de micro
  • Line In: Mini-Cadea
  • Line Out: Altofalantes
  • MIC In: Micrófono
Imagen:spdif.gif SPDIF in ou SPDIF out Entrada ou saída dixital de son
Imagen:db-15.gif DB-15 Femia, MIDI (15 pins, femia) Dispositivos MIDI, Joystick
Imagen:vga.gif VGA, DB-15 HD (15 pins femia) Monitor (Analóxico)
Imagen:dvii.gif DVI-I Monitor TFT (Dixital+Analóxico)
Imagen:displayport.gif Display Port Monitor TFT
Imagen:svideoin.gif S-Video IN, S-Video 7 Entrada de Súper Vídeo
Imagen:svideoout.gif S-Video OUT, S-Video 4 Saída de Súper Vídeo
Imagen:rca.gif RCA Saída de Vídeo Dixital
Imagen:hdmi.gif HDMI Conector de audio e vídeo dixital, sen compresión (substituto do euroconector)

Exemplo 1: Panel Traseiro da placa GA-8I915G-MF

Vexamos como primeiro exemplo o Panel Traseiro da placa GA-8I915G-MF, de Gigabyte, para microprocesadores Intel Pentium 4.

Imagen:panel-traseiro-ga-8i915g-mf.gif

a) Conector Teclado PS/2 e Rato PS/2: O rato vai arriba (verde) e o teclado abaixo (violeta).
b) Porto Paralelo: Permite conectar unha impresora, escáner e outros periféricos.
c) SPDIF_O (Saída SPDIF): Capaz de ofrecer son dixital a altofalantes externos ou datos AC3 comprimidos a un descodificador Dolby Digital externo.
d) SPDIF_I (Entrada SPDIF): Para conectar dispositivos teña a función de saída dixital.
e) Porto VGA: O monitor pode ser conectado a este porto.
f) Porto USB: Para dispositivos tales como teclado, rato, escáner, zip, altofalantes USB, etc.
g) Porto LAN: A conexión LAN é Gigabit Ethernet (velocidades de transferencia de datos de 10/100/1000Mbps)
h) Entrada de Liña: Dispositivos como CD-ROMs, walkmans, etc. poden ser conectados a esta entrada.
i) Saída de Liña (Saída Altofalante Frontal): Conectar os altofalantes estéreo, auriculares, ou altofalantes envolventes frontais a este conector.
j) Entrada MIC: Para conectar o micrófono.
k) Saída Altofalante Traseiro: Conectar o altofalante envolvente traseiro a este conector.
l) Saída Altofalante Central/Subwoofer: Conectar os altofalantes Central/Subwoofer a este conector.
m) Saída Altofalante Lateral: Conectar os altofalantes envolventes laterais a este conector.

Exemplo 2: Panel Traseiro da placa MSI K9AGM2-FIH para AMD Athlon 64

Como segundo exemplo podemos ver o Panel Traseiro da placa K9AGM2-FIH, de MSI, para microprocesadores AMD Athlon 64.

Imagen:panel-trasero-placa-MSI-K9AGM2-FIH.GIF

  • Conector Teclado PS/2 e Rato PS/2: O rato vai arriba (verde) e o teclado abaixo (violeta).
  • Porto Paralelo: Permite conectar unha impresora, escáner e outros periféricos.
  • Porto HDMI: Interface dixital de son e video que soporta todos os formatos de televisión.
  • Porto IEEE 1394 (Firewire): Interface, sobre todo, para cámaras de video.
  • Porto Ethernet (RJ-45): Gigabit Ethernet (velocidades de transferencia de datos de 10/100/1000Mbps)
  • Conectores USB: Para dispositivos tales como teclado, rato, escáner, zip, altofalantes USB, etc.
  • Portos para dispositivos de audio (Jacks); Pódense diferenciar pola cor:
    • Azul: Line In, para reprodutor de CD externo ou outros dispositivos de son.
    • Verde: Line Out, para os altofalantes.
    • Rosa: Mic In, para o micrófono.
    • Negro: Surround traseiro nos modos 4 / 5.1 / 7.1.
    • Laranxa: Subwoofer nos modos 5.1 / 7.1.
    • Gris: Surround frontal no modo 7.1.

Características principais dos conectores

Serie ou RS-232

Denominación: COM ou UART (Transmisor-Receptor Asíncrono Universal - Universal Asynchronous Receiver-Transmitter)
  • Comunicación en Serie (bit a bit)
  • As placas veñen con un ou dous portos
  • Pódense crear cables de ata 60 m de longo
  • Estándar de comunicación: RS-232
  • Nivel lóxico cero: de +3 a +5 voltios
  • Nivel lóxico un: de -3 a –5 voltios
  • Dous tipos posibles de conectores (machos na Placa Base):
    • DB-9: 9 Pins
    • DB-25: 25 Pins
  • Velocidade máxima: 112 Kbps
  • Dispositivos: Rato, Módem, Autómatas, Microcontroladores, ...
Ver tamén:
Función dos 9 pines do porto serie DB-9
Función dos 25 pines do porto serie DB-25
Esquema do adaptador de DB-9 a DB-25
Esquemas de construción de cables serie
Comunicar dous PCs por porto serie en Windows
Comunicar dous PCs por porto serie en Linux

Paralelo

Denominación: LPT (Terminal Impresor de Liñas - Line printer terminal)
  • Comunicación en Paralelo
  • As placas veñen con un porto (femia)
  • Pódense crear cables de ata 2 m de longo
  • Soporta varios protocolos de Comunicación:
    • SPP (Standard Parallel Port): 500 KB/s
    • ECP (Enhanced Capabilities Port): 2 MB/s
    • EPP (Extended Parallel Port): 2,4 MB/s
  • Nivel lóxico un: +5 voltios
  • Nivel lóxico cero: 0 voltios
  • Función dos 25 pines do porto paralelo
  • No lado do periférico o conector é do tipo Centronics (36 Pins)
  • Dispositivos: Impresora, Escáner, CD-ROM externo...
Ver tamén:
Esquemas de construción de cables para o porto paralelo
Comunicar dous PCs por porto paralelo en Windows
Comunicar dous PCs por porto paralelo en Linux

USB

Denominación: USB (Bus Serie Universal - Universal Serial Bus)
  • Comunicación en Serie
  • Nun principio (coa aparición do formato ATX, as placas viñan con dous conectores USB; hoxe en día veñen con "moitos" conectores, traseiros, frontais,...)
  • Recoméndase non empregar cables USB de máis de 5 metros de longo. Así e todo, pódese chegar ata os 25 metros enlazando 5 "cables de extensión activos".
  • Os cables teñen 4 Fíos:
    • 2 deles para alimentación (un leva +5 V e outro leva terra)
    • 2 deles para datos (Data- e Data+)
  • As velocidades soportadas dependen do estándar:
    • USB 1.0: De 1,5 para teclado, rato, joystick,... a 12 Mbps para dispositivos máis rápidos
    • USB 2.0: Cunha velocidade de 480 Mbps compite có Firewire
    • USB 3.0. Seguramente verá a luz no 2.010 cunha velocidade de máis de 4 Gbps (300 MBps) e compatible con 2.0 e 1.0.
    • Wireless USB 1.1. Aínda en proxecto parece que vai ofrecer ata 1 Gbps.
  • Pódense conectar ata 127 periféricos en cadea empregando Hubs USB
  • Os dispositivos conectados a estes portos son Plug&Play e permiten a súa conexión en "quente" (hot-plug)
  • Neste tipo de portos pódese conectar case calquera dispositivo pero, sobre todo, veremos conectados a el: Impresora, Escáner, Módem, Cámaras, Teclado, Rato,...
  • Tal e como se ve na imaxe da dereita, existen distintos tipos de conectores:
    • Tipo-A: Os das placas base
    • Tipo-B: Os dos periféricos
    • Tipo-A/B: Podemos encontralos tanto nos periféricos como nas placas base

Firewire

Denominado Firewire, IEEE 1394 ou i.Link
  • Ata fai pouco era necesario comprar unha tarxeta de expansión para poder ter conectores deste tipo nos nosos equipos; hoxe en día traen un ou dos conectores
  • De momento, existen dous estándares compatibles:
    • IEEE 1394a: Ata 400 Mbps (50MB/s) - Os cables teñen 6 pines
    • IEEE 1394b: Dende 800 ata 3.200 Mbps - Os cables teñen 9 pins
  • O Firewire400 soporta lonxitudes de cables de ata 4,5 metros de longo, pero Firewire800 chega ata os 100 metros
  • Soporta ata 63 dispositivos en cadea
  • Posibilidade de usar as conexións FireWire para crear redes TCP/IP

IrDA

Denominado IrDA (Infrared Data Association):
  • É un estándar de comunicación con periféricos que non precisa de fíos
  • Soporta velocidades de ata 4 Mbps (512 KB/s) aínda que se espera evolucione ata 50 Mbps
  • Proporciona unha comunicación half-duplex
  • Nas placas encontramos un conector en liña de 5 pines como o que podemos ver na figura de abaixo. Como é de supoñer precísase conectarlle un emisor-receptor de infravermellos que non ven, normalmente, coa placa.

O resto dos conectores

--Vieites 30 sep 2007