Este manual de Curso Platega: Simulación de Redes Locais con Máquinas virtuais. é creado e editado por Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez baixo a licenza Creative Commons 3.0:
Este manual/curso está deseñado para o curso de formación do profesorado: Simulación de redes locais con máquinas virtuais.
Trátase de acercarse aos distintos tipos de virtualización e simular coa ferramenta VirtualBox varios equipos Windows/ Gnu-Linux que conforman unha rede local.
O seu seguimento será realizado a través da plataforma PLATEGA da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Aínda así, este manual pretende ser xeralista e o máis aberto posible para que o poida seguir aquel usuario cuns coñecementos básicos.
A partir do 2 de novembro neste enlace estará dispoñible o material para seguir o curso. Ata entón ponse a disposición dos matriculados no curso unha guía do que se pretende conseguir, para que cada quen poida avaliar se os contidos son do interese do participante. Véxanse os obxectivos e escenarios das partes I e II para ter unha idea do máis clara do que se pretende co curso. Ademais véxanse os demais contidos.
PARTE 00: Coñecementos de partida e observacións sobre o material
PARTE I: Instalación e configuración de VirtualBox
PARTE II: Instalación de Sistemas Operativos sobre VirtualBox e configuración básica da rede
PARTE III: Compartir recursos na redes locais
PARTE IV: Servizos básicos das redes locais
PARTE V: Control de acceso a Internet dende a rede local
PARTE VI: Control remoto nas redes locais
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (17 outubro 2011).