De Manuais Referencia Departamento Informatica
Contenido |
Introdución
Aplicacións específicas para deseño, cálculo de custes e monitorización de sistemas illados e en rede.
Deseño
Cálculo de custes
GLPI - Xestión Libre de Parques Informáticos
GLPI (Xestión Libre de Parques Informáticos) é un administrador de recursos informáticos (hardware e software) cunha interface web para a súa administración. Facendo uso da ferramenta é posible inventariar o parque informático dunha empresa (PCs, impresoras, escáners, software, etc).
GLPI dispón de funcións que facilitan o traballo dos administradores así como un sistema de seguimento de traballo con correos de notificación, ademais de poder establecer a topoloxía da rede.
GLPI pódese instalar en servidores que soporten as tecnoloxías Apache, MySQL e PHP (AMP).
Total Cost of Ownership (TCO)
TCO, en inglés Total Cost of Ownership, é un método para describir todos os custes asociados a unha infraestrutura. A pesar de ser un termo que xa apareceu na década dos 80, aínda non existe un método estándar para comparar dous TCO. Neste senso, a ferramenta TCO-Tool pode axudar. Trátase dunha ferramenta de software libre.
Monitorización
Pandora
Pandora FMS (FMS viene de Flexible Monitoring System) é unha aplicación de monitorización para vixiar todo tipo de sistemas e aplicacións. Pandora FMS permite coñecer o estado de calquera elemento dos seus sistemas de negocio. Pandora FMS vixía o seu hardware, o seu software, as súas aplicacións e por suposto, o seu Sistema Operativo. Pandora FMS é capaz de detectar unha interface de rede que se caeu, así como o movemento de calquera valor do IBEX. Se é preciso Pandora FMS puede enviar unha mensaxe SMS cando falle calquera sistema ou aplicación.
Inventariado Hardware e Software
Ocs Inventory NG
OCS (Open Computer and Software Inventory Next Generation) é unha ferramenta de software libre (licencia GPL) que se usa para inventariar o material hardware e software que existe nunha rede. Consiste nunha aplicación servidor e outra cliente que se conecta co servidor para enviarlle información relacionada co HW e SW. O inventario pode visualizarse a través dunha interface Web. Entre outras cousas permite tamén a instalación de software de xeito remoto e desatendido.
O uso desta ferramenta pódese unir o de GLPI creando un paquete de xestión dos recursos de TI moito máis potente.
Existen versións para Windows e para GNU/Linux.
