De Manuais Referencia Departamento Informatica

Contenido

Introdución

Basicamente, o PC ten no seu interior os seguintes compoñentes:

  • A Fonte de Alimentación, para dar Corrente a todo o equipo.
  • A Placa Base, onde van conectados o resto dos compoñentes.
  • O Microprocesador, que é o "cerebro" do Ordenador.
  • A Memoria RAM, onde se gardan os programas en execución.
  • A Tarxeta Gráfica, indispensable para unir o equipo ó Monitor.
  • O Disco Duro, onde se gardan todos os datos e programas.
  • O CD-ROM, DVD,…
  • Outras tarxetas: Son, Rede, Adquisición de Vídeo,…

A maioría dos PERIFÉRICOS encóntranse conectados "fora" da CPU: Teclado, Rato, Monitor, Escáner,…

Hardware mínimo dun PC dependendo do Sistema Operativo

Cando aparece un Sistema Operativo novo sempre ven acompañado dunha lista de hardware mínimo recomendable:

Estándares de especificacións

Todo o hardware dos PCs seguen unhas especificacións que van evolucionando cós anos. É fundamental coñecer estas especificacións xenéricas pois son logo as que seguen os fabricantes para que os seus produtos sexan compatibles entre eles.

Caixa

O primeiro que vemos dun equipo é, sen dúbida, a súa CAIXA; polo que, ademais das incuestionables e persoais razóns estéticas, á hora de escoller a caixa para un equipo deberemos ter en conta outra serie de consideracións que veremos neste apartado.

  1. Consideracións a ter en conta para escoller caixa
  2. Principais fabricantes de caixas para PCs

Fonte de Alimentación

En electrónica, unha fonte de alimentación é un dispositivo, ou subsistema, que convirte a corrente alterna da rede de distribución en corrente continua axeitada para o uso que se lle vaia a dar (voltaxe e intensidade ben axustados). As fontes dos PCs son fontes conmutadas e teñen como esquema: rectificador, conmutador, transformador, outro rectificador e saída. A regulación (capacidade da fonte para manter a tensión solicitada con indepencia da corrente que lle sexa solicitada) obtense có conmutador, normalmente un circuito PWM (Pulse Width Modulation) que cambia o ciclo de traballo. As funcións do transformador son adaptar os niveis de tensión e proporcionar illamento galvánico. O segundo rectificador convirte a señal alterna pulsante que chega do transformador nun valor continuo. A saída pode ser un filtro de condensador ou un do tipo LC.

  1. Características e tipos de fontes de alimentación
  2. Colocación da fonte de alimentación no PC
  3. Reparacións sinxelas de fontes de alimentación
  4. Principais fabricantes de fontes de alimentación

Placa Base

A placa base ou placa nai (en inglés motherboard ou mainboard) é unha tarxeta de circuíto impreso que serve como medio de conexión entre o microprocesador, a memoria RAM, os dispositivos de almacenamento, as tarxetas de expansión,... É dicir, é o soporte sobre o que se monta todo o PC e, polo tanto, trátase dun dos elementos máis importantes do equipo. As súas características marcarán as propiedades do PC que vaiamos a montar, polo que elixir unha boa placa será moi importante. Os principais elementos das placas base son:

  • Chipset
  • Conector da Fonte de Alimentación (AT - ATX - ATX2)
  • Zócalo do Microprocesador (Slot - Socket)
  • Pontes ou jumpers
  • Conectores dos botóns e LEDs da Carcasa e do Altavoz
  • Ranuras para tarxetas de expansión (ISA, PCI, AGP, PCI-Express, AMR, CNR, ACR)
  • Zócalos de memoria RAM (SIMM, DIMM)
  • Portos: Serie, Paralelo, USB, PS/2, Firewire
  • O conxunto BIOS + CMOS + Reloxo
  • Controladoras e conectores de unidades de disco (IDE - Floppy – SATA - SCSI)
Todos estes elementos os imos tratar neste tutorial, e a eles pódese acceder dende os seguintes enlaces:
  1. Exemplos de placas base
  2. Factor de Forma das placas base
  3. Montaxe da placa base na caixa
  4. Elementos principais das placas base
  5. Principais fabricantes de placas base

Microprocesador

O Microprocesador ou Unidade Central de Procesamento (CPU - Central Processing Unit) é un circuito integrado que serve como cerebro da computadora. No interior deste compoñente electrónico existen millóns de transistores integrados formando un único circuito denominado die.

Como se pode ver no apartado das placas base zócalos para o microprocesador, a conexión coa placa pode ser de tipo socket ou de tipo slot, pero sempre cumplindo que se trate dun conector de tipo ZIF (Zero Input Force).

  1. Introdución e características principais dos microprocesadores
  2. Evolución dos microprocesadores
  3. Conexión do microprocesador na placa
  4. Principais fabricantes de microprocesadores

Memoria

A memoria, en termos informáticos, refírese ós compoñentes dos PCs que reteñen datos durante algún intervalo de tempo. As memorias proporcionan unha das principais funcións da computación moderna, tal e como se pode ver no Modelo de Von Neumann. Na actualidade, cando se fala de memoria informática estanse refirindo á memoria de acceso aleatorio (RAM - Random Access Memory) existente en algúns compoñentes dos equipos ou, están falando dun almacenamento de datos temporal pero non masivo (nunca dispositivos magnéticos, ópticos ou maneto-ópticos).

  1. Xerarquía de memoria.
  2. División das memorias polas súas características.
  3. Memorias tipo ROM.
  4. Memorias tipo RAM.
  5. Principais fabricantes de memoria RAM.

Discos duros

Chámase disco duro ou disco ríxido (en inglés hard disk, abreviado con frecuencia HD ou HDD) ó dispositivo encargado de almacenar información de forma permanente nunha computadora.

Os discos duros xeralmente empregan un sistema de gravación magnética dixital. Este tipo de discos están formados no seu interior por unha serie de pratos metálicos xirando a gran velocidade. Sobre estes pratos se sitúan os cabezais encargados de ler ou escribir os impulsos magnéticos. Como podemos ver no apartado conectores para dispositivos de almacenamento masivo das placas base, hai distintos estándares á hora de comunicar un disco duro coa computadora, sendo os mais empregados: os IDE, SCSI e SATA.

  • Evolución na capacidade dos discos duros:
  • 1.982: 5 - 10 MB
  • 2.009: 1.5 TB
  • Evolución no prezo dos discos duros:
  • 1.982: 200$/MB
  • 2.009: 1 TB uns 100$ = 0,0001 $/MB
  1. Estrutura físico/funcional dos discos duros.
  2. Particionamento dos discos duros.
  3. Programas de particionamento dos discos duros.
  4. Sistemas RAID.
  5. DAS, NAS e SAN.
  6. Aplicacións interesantes para traballar cós discos duros.
  7. Principais fabricantes de discos duros.

Dispositivos de almacenamento óptico

Trátase dunha variante de almacenamento informático que aparece a finais do século XX. Consiste na lectura con raios de luz de datos gardados en formato dixital sobre discos de policarbonato recubertos de aluminio. Os soportes de almacenamento mais famosos que fan uso deste tipo de almacenamento son o CD-ROM e o DVD. A partires do 2.007 están aparecendo xa no mercado o sistema Blu-Ray e o HD-DVD, aínda que existen outros como EVD.

  1. Características dos estándares de CD e DVD
  2. Características do estándar Blu-Ray
  3. Características do estándar HD-DVD
  4. Principais fabricantes de dispositivos de almacenamento óptico

Outros dispositivos de almacenamento

Ademais dos discos duros e dos dispositivos ópticos, nos PCs tamén atopamos outros dispositivos de almacenamento de información. Estes dispositivos, o mais habitual é que se empreguen para facer copias de seguridade.

  1. Cintas para backups
  2. Discos duros externos
  3. Tarxetas de memoria e pendrive
  4. Unidades magneto-ópticas

Tarxetas de expansión

Tal e como se pode ver no apartado das placas base, no interior do PC existen varios slots de expansión que nos permiten instalar tarxetas para ampliar a funcionalidade dos equipos. As tarxetas de expansión máis habituais son:

  1. Tarxetas de vídeo
  2. Tarxetas de son
  3. Tarxetas de rede
  4. Tarxetas de adquisición de vídeo

Modding

O modding é a arte ou técnica de modificar estética o funcionalmente partes dun ordenador.

--Vieites 16 sep 2007