De Manuais Referencia Departamento Informatica
Contenido |
¿Que é o hardware libre?
Chámase hardware libre aos dispositivos hardware que teñen as súas especificacións e diagramas esquemáticos con acceso público, xa sexa baixo algún tipo de pago ou de forma gratuíta. A filosofía sobre libertade do coñecemento do Software Libre é aplicable á de Hardware Libre. Iso si, débese recordar en todo momento que Libre Non significa Gratis.
Arduino
Introdución
Arduino é unha plataforma aberta para computación física baseada nunha simple placa de circuíto impreso e un contorno de desenrolo para o desenrolo de software. Arduino pode ser empregado para desenrolar obxectos interactivos autónomos ou pode conectarse ó software do ordenador (Flash, Processing, Pure Data, MaxMSP).
Chronojump
Introdución
ChronoJump é un completo sistema multiplataforma para a medición, xestión e estadística das fases temporales do salto e outras accións.
ChronoJump sérvese dunha plataforma de contactos con dous eventos (en-plataforma, fora-de-plataforma), e dun circuíto impreso cronometrador deseñado ad-hoc para obter medicións precisas e fiables.
SquidBee
Introdución
Libelium, unha empresa de Zaragoza, desenrolou este dispositivo wireless autónomo para a creación de Redes Sensoriais.
O funcionamento de SquidBee é o seguinte:
- Capta datos do contorno mediante os sensores que leva acoplados.
- Transmite eses valores mediante un protocolo inarámico de baixo consumo (ZigBee).
- Pasa a estado dormido para aforrar enerxía ata que salta o timeout' e inicia de novo o proceso.
Estes dispositivos funcionan de forma autónoma durante meses con pilas. Ten 11 E/S dixitais e 6 E/S analóxicas, o que permite conectar ata 17 sensores distintos.
