De Manuais Referencia Departamento Informatica
Contenido |
Introdución
Denomínanse periféricos ós dispositivos que, sen pertencer ó núcleo fundamental do PC, formado por todos os elementos do PC que se atopan dentro da caixa, permitan realizar operacións de entrada/saída (E/S) complementarias ó proceso de datos que realiza a CPU.
A pesares de que o termo periférico implica, normalmente, o concepto de "adicional pero non esencial", moitos deles son elementos fundamentais para un sistema informático. O teclado e o monitor, son imprescindibles en tódolos equipos de hoxe en día, son posiblemente os periféricos mais comúns, e é posible que moita xente non os considere xa como tal debido a que xeralmente tómanse como partes necesarias dos PCs.
En xeral, os periféricos sempre se dividen entre "Periféricos de Entrada", como aqueles que permiten ó usuario introducir información no PC, e "Periféricos de Saída", como aqueles que nos permiten recoller información que previamente procesou o ordenador. Hoxe en día esta división cada vez se fai máis difícil, pois moitos dos periféricos existentes son de Entrada/Saída.
Vexamos mais a miúdo algúns dos periféricos que nos podemos atopar:
Periféricos de entrada
Periféricos de saída
Outros periféricos
--Vieites 05 out 2007
