IES San Clemente
Manuais Referencia Ciclos de Informática

De Manuais Referencia Departamento Informatica
Saltar a: navegación, buscar

Aprende.png
Nota

Antes de ver este apartado é interesante ler o que fala sobre módulos de memoria RAM.


Está claro que teremos tantos tipos de zócalos para RAM como distintos tipos de módulos existen no mercado:

  • Zócalo para memoria SDRAM: Fixarse que teñen dous salientes para que encaixen as muescas dos módulos de memoria. Un saliente está case no centro e un cara un lado do slot.
Slot-sdram.jpg

  • Zócalo para memoria RDRAM ou RAMBUS: Este zócalo en moi raro que se atope nunha placa hoxe en día. Así e todo fixarse que tamén ten dous salientes pero, esta vez, están os dous practicamente centrados no zócalo.
Slot-rambus.jpg

  • Zócalo para memoria DDR, DDR2 ou DDR3: A simple vista estes zócalos son practicamente iguais, na foto non se distinguirían e por iso poñemos unha soa imaxe. Aínda que, debe quedar claro que, tal e como se comenta no apartado sobre módulos de memoria RAM, os módulos non son compatibles (distintas voltaxes, distinto número de pines e muesca en distinta posición) e será imposible instalar un módulo DDR nun zócalo DDR2 ou ó revés.
Slot-ddr.jpg

  • Zócalos que soportan Dual-DDR, Dual-DDR2 ou Dual-DDR3: Moitas placas que montan memoria DDR , DDR2 e DDR3 soportan a tecnoloxía denominada Dual-DDR(2)(3). Neste caso os zócalos virán separados de dous en dous, a separación poderá ser física ou, simplemente, por cores. Para que traballen en modo Dual-DDR(2)(3) débese instalar os módulos de memoria idénticos de dous en dous, un en cada un dos zócalos que teñen a mesma cor. No caso de que non teñamos diferenza de cores, o mellor, sempre é ler o manual da placa.

Moitas placas con Dual-DDR(2)(3) e con 4 Slots para memoria non soportan que se instalen 3 módulos de memoria RAM. Como sempre,¡O mellor é ler o manual!.

Slot-dual-ddr.jpg

--Vieites 16 sep 2007

Herramientas personales