Proxecto eTwinning: Sustainable Sea
By admin | Marzo 9, 2010
O grupo de alumnos de 1ºSMR do IES San Clemente ven de rematar a súa participación neste proxecto, que utiliza o tema transversal da sustentabilidade do mar para conseguir que os alumnos participantes realicen un intercambio cultural, se comuniquen entre eles en inglés, e utilicen as TIC.
Rio Sarela - Proxecto eTwinning
Trátase da primeira vez que os alumnos participan nun contorno de aprendizaxe colaborativo, interactuando con compañeiros doutros países e utilizando o inglés como idioma común. Usaron unha aula virtual e unha das actividades consistiu na realización dunha enquisa, análise e posta en común dos resultados.
Destacamos como resultados do proxecto:
- Realización dun exercicio real de principio a fin, relacionado co módulo “Aplicacións Ofimáticas“: os alumnos enfrentáronse á situación de realizar unha enquisa, pasar os datos a unha folla de cálculo, interpretalos, crear gráficos significativos, e crear un informe final nun procesador de textos.
- Practicar o inglés y toma de conciencia por parte do alumnado de que é imprescindible o seu coñecemento e uso para os profesionais da informática.
Enlace aos informes dos alumnos.
Alumnado participante:
Pedro Abalo Costa, Lara Vázquez Caamaño, Alberto Rey Rey, María José Suárez Varela, David Anta Cacharrón, Francisco Alonso Rodíguez, Mª Cristina Liñares García, Mª Teresa Balo Martínez, Sarai Cordo Fontáns.
Praia de Compostela - Proxecto eTwinning
Topics: Xeral | Comentarios desactivados
Visita a o viveiro de empresas de Costa Vella
By admin | Marzo 4, 2010
O próximo 29 de abril o alumnado de 1º de Ciclo Superior visitará o viveiro de empresas do parque empresarial de Costa Vella.
A saída será ás 12:10 horas dende o IES Rosalía de Castro en autobús.
Durante a visita explicarase como é o proceso de creación dunha empresa. Farase tamén unha visita ás instalacións con explicaciónn sobre o viveiro. Finalmente ofrecerase un catering.
Topics: Departamento | Comentarios desactivados
Relatorio sobre propiedade intelectual no San Clemente
By admin | Febrero 24, 2010
Mañá, 25 de febreiro ás 12:00, impartirase no salón de actos do IES San Clemente un relatorio sobre propiedade intelectual e novas tecnoloxías. O relator será Fernando Suárez Lorenzo, presidente do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia.
A conferencia durará entre 30 e 40 minutos deixando un amplo espazo de tempo para o debate.
Topics: Departamento | Comentarios desactivados
Podcasting: programas de radio por Internet
By admin | Febrero 19, 2010
Os podcast son ficheiros de audio, normalmente en MP3, que se distribúen automaticamente mediante RSS. O seu contido é variado, aínda que priman os temas relacionados coa tecnoloxía. O locutor (podcaster) adoita ser o editor dun weblog. É dicir, mediante o podcasting grávanse arquivos que se poñen a disposición do público, que pode subscribirse e descargar as locuciones automaticamente mediante un programa lector, para escoitalas despois nun reprodutor portátil ou no propio computador.
Para topar un podcast do noso interese o mellor é acudir a un directorio onde descargar ficheiros ou subscribirse aos favoritos. O directorio de podcast-es contén preto de 90 podcast en español, galego, catalán e euskera, mentres que podcast.net ten máis de 3.000 en inglés.
Tamén podes optar por facer o teu propio podcast. Nas seguintes direccións tes información completa: podcast-es e Informe Diario.
Máis información sobre podcast.
Topics: Tecnoloxía | Comentarios desactivados
Ferramenta de desenvolvemento PHP para Eclipse
By admin | Enero 21, 2010
O Eclipse PHP Development Tool (PDT) é unha proxecto que proporciona as facilidades do Contorno de Desenvolvemento Integrado Eclipse para o desenvolvemento de programas en PHP.
Este IDE (Integrated Development Environment) é fácil de usar e entre as súas características pódense destacar as seguintes:
- Axuda durante a edición como texto predictivo para a API de PHP.
- Integración doutras tecnoloxías de desenvolvemento Web (HTML, Javascript, etc.)
- Multiplataforma.
- Licenza libre (Eclipse Public License).
- Abundante documentación en liña a través do seu wiki: http://wiki.eclipse.org/index.php/PDT
Pódese descargar libremente dende a web do proxecto: http://www.eclipse.org/pdt/downloads/
Topics: Software | Comentarios desactivados
Descarga gratuíta da revista Linux+
By admin | Enero 20, 2010
A revista Linux+ pasa a publicarse exclusivamente en liña e está dispoñible para descarga libre en formato pdf. Algúns artigos interesantes que atopamos na súa portada son:
Topics: Informatica, Tecnicos, Tecnoloxía | Comentarios desactivados
O Departamento de Informática desenvolverá un proxecto para a implantación de programas colaborativos no ensino
By admin | Noviembre 25, 2009
Os programas colaborativos (wikis, favoritos compartidos, Google Wave, etc.) son ferramentas informáticas que se poden utilizar para a creación, xestión e distribución de contidos didácticos a través de Internet. É dicir, son programas que, instalados nun servidor, permiten a creación colaborativa de materiais, integrando ferramentas de comunicación e xestión.
As posibilidades que estas ferramentas ofrecen para a docencia cobren un abano de necesidades aplicables a calquera módulo ou materia. Por tanto, as áreas de melloras na práctica educativa son potencialmente moi significativas, especialmente no que se refire ao desenvolvemento curricular colaborativo entre o profesorado e, incluso, o alumnado, coa supervisión pertinente.
Con este proxecto preténdese mellorar as metodoloxías para deseñar contidos, adaptados a un determinado nivel educativo, desenvolvidas desde a rede. Do mesmo xeito, quérese fomentar o traballo colaborativo e de investigación-acción, baseado na utilización de ferramentas TIC, aplicando estratexias didácticas e técnicas de deseño de materiais adecuados para o traballo en rede.
Topics: Departamento | Comentarios desactivados
O IES San Clemente no Street View de Google Maps
By admin | Noviembre 11, 2009
Xa está dispoñible parte da cidade de Santiago no Street View de Google Maps.
Aquí tedes a imaxe do IES San Clemente capturada por Street View.
Enlace á aplicación Street View de Google Maps.
Topics: Xeral | Comentarios desactivados
Extensións para OpenOffice
By admin | Noviembre 6, 2009
Unha das características máis descoñecidas do paquete ofimático libre OpenOffice son as extensións. Igual que no navegador Firefox as extensións permiten ampliar a funcionalidade do programa. Neste caso para, por exemplo, editar ficheiros PDF, importar documentos de GoogleDoc, realizar traducións automáticas, traballar con presentacións máis profesionais, etc.
Na seguinte ligazón destacan 9 destas interesantes funcionalidades pero as posibilidades son innumerables: http://techtastico.com/post/extensiones-openoffice/
Para instalar unha extensión previamente descargada, abonda con ir ao menú Ferramentas -> Extension Manager e facer click en Add.
Topics: Software | Comentarios desactivados
Xa dispoñible Ubuntu 9.10 no IES San Clemente
By admin | Octubre 30, 2009
Xa tedes na carpeta Instalar do servidor do IES San Clemente o Ubuntu 9.10.
Tedes dispoñibles as versións de 32 e 64 bits da edición Desktop e Server.
Saúdos.
Topics: Xeral | Comentarios desactivados
« Previous Entries

