Plataforma Educativa

Xestión de Rede

Novas Mancomun.org

Novidades, Gadgets...

Departamento

« Previous Entries

Visita a o viveiro de empresas de Costa Vella

Jueves, marzo 4th, 2010

O próximo 29 de abril o alumnado de 1º de Ciclo Superior visitará o viveiro de empresas do parque empresarial de Costa Vella. A saída será ás 12:10 horas dende o IES Rosalía de Castro en autobús. Durante a visita explicarase como é o proceso de creación dunha empresa. Farase tamén unha visita ás instalacións [...]

Relatorio sobre propiedade intelectual no San Clemente

Miércoles, febrero 24th, 2010

Mañá, 25 de febreiro ás 12:00,  impartirase no salón de actos do IES San Clemente un relatorio sobre propiedade intelectual e novas tecnoloxías. O relator será Fernando Suárez Lorenzo, presidente do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia. A conferencia durará entre 30 e 40 minutos deixando un amplo espazo de tempo para o [...]

O Departamento de Informática desenvolverá un proxecto para a implantación de programas colaborativos no ensino

Miércoles, noviembre 25th, 2009

Os programas colaborativos (wikis, favoritos compartidos, Google Wave, etc.) son ferramentas informáticas que se poden utilizar para a creación, xestión e distribución de contidos didácticos a través de Internet. É dicir, son programas que, instalados nun servidor, permiten a creación colaborativa de materiais, integrando ferramentas de comunicación e xestión. As posibilidades que estas ferramentas ofrecen [...]

Instalación de Ubuntu 9.04 nas aulas

Miércoles, octubre 28th, 2009

O Departamento de Informática está a actualizar os equipos das aulas do centro. A través dun novo arranque dual o alumnado e profesorado poderá traballar con Ubuntu 9.04 con acceso pleno a todos os recursos do centro. No caso de escoller MS-Windows como sistema operativo, este tamén inclúe aplicacións libres de todo tipo actualizadas. Esta [...]

Cancelación das clases para o Venres día 23 de Xaneiro 2009.

Jueves, enero 22nd, 2009

A Dirección Xeral de Protección Civil  informa, mediante un parte emitido ao efecto, que no día de mañá a Comunidade Autónoma verase afectada por un episodio de meteoroloxía adversa motivado por fortes ventos que cualifica de nivel laranxa (risco importante), circunstancia que aconsella a adopción de medidas urxentes para a protección da comunidade educativa. Diante [...]

Novo mirror de ubuntu 8.10 Intrepid no IES San Clemente.

Miércoles, noviembre 5th, 2008

Xa tedes dispoñible o mirror actualizado para a version (Intrepid) de Ubuntu 8.10. Podedes configurar a partir de agora as vosas máquinas para que actualice a distribución dende a dirección http://rosalia.iessanclemente.net/ubuntu Para configurar que a máquina empregue o mirror local do IES Sanclemente. Pasos para usar este mirror: Editar o ficheiro /etc/apt/sources.list Reemprazar as rutas por http://rosalia.iessanclemente.net/ubuntu/ [...]

Servizo de hospedaxe.local de páxinas web gratuito

Viernes, octubre 17th, 2008

Informamos a tódolos membros da comunidade do IES San Clemente (profesores, alumnos e servizos) que a partir destes intres podedes crear o voso dominio.local no servizo de hospedaxe dispoñible no centro. www.hospedaxe.local Este servizo soamente é accesible dende a Intranet do Centro. As páxinas hospedadas neste servidor non son visibles dende Internet. Para acceder a [...]

Reunión sobre Moodle, xoves 14 outubro Aula 11 de 16:00 a 17:00

Martes, octubre 14th, 2008

O Xoves dia 14 de Outubro na Aula 11, de 16:00 a 17:00 horas teremos unha nova reunión para falar de formas de traballo sobre a plataforma Moodle. Todos os profesores interesados estades invitados.

Control de Firmas de Asistencia via Web

Martes, octubre 7th, 2008

Xa está dispoñible a aplicación para control de firmas de asistencia do profesorado de ciclos via web. Na parte esquerda do menú na sección Xestión de Rede atoparedes o enlace a CONTROL ASISTENCIA.

Comezo do curso 2008-2009

Sábado, septiembre 27th, 2008

Dende o departamento de Informática do IES San Clemente damos a benvida a todos os novos alumnos/as e profesores que se incorporan ao noso centro e en especial a todos aqueles destinados aos ciclos de Informática. Simplemente desexarvos a todos/as que sexa un curso agradable e que todo o mundo vexa cumpridas as súas expectativas. [...]

« Previous Entries