Plataforma Educativa

Xestión de Rede

Arquivos

Visita ó centro de Supercomputación de Galicia 20 Maio 2008.

By admin | Mayo 17, 2008

O próximo día 20 de maio faremos unha visita guiada ao Centro de Proceso de Datos e á  Rede de Ciencia e Tecnoloxía do CESGA.

O profesorado e alumnado interesado que fale, por favor, co profesor Jesús Arribi.

Topics: Departamento | No Comments »

Charla sobre a Wikipedia en Galego, o venres 16 maio ás 11:00.

By admin | Mayo 13, 2008

Actividade: Galipedia, a enciclopedia galega en Internet

O próximo 17 de maio celébrase o día das letras galegas e o día de Internet. Os departamentos de galego e informática do IES San Clemente organizan unha charla para fomentar a presenza do galego na Wikipedia, así como o seu uso. Os obxectivos da xornada son, entre outros:

A versión galega da Wikipedia naceu o 8 de marzo de 2003, e conta con 34.447 artigos. Outra lingua estatal, como o catalán, ten máis de 115.000 artigos e, no caso do castelán, preto de 360.000 entradas. Para acadar o éxito desta iniciativa é necesaria a implicación e participación de todo o profesorado do IES San Clemente, así que contamos contigo.

A charla terá lugar o vindeiro venres día 16 de maio ás 11:00 da mañá, no salón de actos do IES San Clemente, e a súa duración será de aproximadamente 1 hora.


Ligazóns:

Wikipedia en galego: http://gl.wikipedia.org
Wikipedia en castelán: http://es.wikipedia.org
Wikipedia en inglés: http://en.wikipedia.org
Wikipedia en catalán: http://ca.wikipedia.org

Topics: Departamento, Informatica | No Comments »

Nova versión de Ubuntu 8.0.4 LTS

By admin | Abril 25, 2008

Ubuntu convertiuse nos derradeiros anos na distribución GNU/Linux máis popular. E dende hoxe, xa se pode descargar a nova versión deste sistema.

Co nome en clave de Hardy Heron e codificada co número do ano e mes de lanzamento, a derradeira versión de Ubuntu leva ademáis un apelido moi especial: LTS. Estas tres letras, siglas en inglés de Soporte a Longo Prazo (Long Term Support), indican que se garanten tres anos de asistencia (soporte técnico).

Enderezo para descargar a nova versión de Ubuntu 8.0.4 LTS

Topics: Software | No Comments »

Listado de webs .local no servidor breogan

By admin | Marzo 5, 2008

Xa está dispoñible un listado das webs hospedadas no servidor breogan para dominios .local

Para acceder simplemente teclear http://breogan.iessanclemente.local
ou tamén pulsando no hiperenlace da esquerda ISP Breogán.

 Tódolos días xenéranse de forma automática (ás 17:00 horas) as miniaturas das páxinas principais dos dominios .local

Saúdos.

Topics: Departamento, Informatica | No Comments »

Novo servidor Rosalia no CECASACLE

By admin | Febrero 21, 2008

ubuntu_cover.png

Está dispoñible un novo servidor co nome http://rosalia.iessanclemente.local  que ofrece os seguintes servizos:

Topics: Xeral | No Comments »

O IES San Clemente deixará de empregar Microsoft Office

By admin | Febrero 12, 2008

logonew.gifPara o vindeiro curso temos programada a migración completa ó paquete ofimático OpenOffice.

 Polo tanto deixaremos de instalar o paquete Microsoft Office nos ordenadores agás a ferramenta Microsoft Access.

www.openoffice.org

Topics: Departamento | 4 Comments »

Visita ó CPD do SERGAS

By admin | Diciembre 13, 2007

O próximo día 18 faremos unha visita guiada ó CPD do SERGAS.

 Aqueles profesores ou alumnos interesados que non se apuntaran, falar co profesor Carrión.

Topics: Departamento | No Comments »

Instalar Ubuntu ou Fedora dende Windows ou Linux con UNetbootin

By admin | Octubre 29, 2007

UNetbootin é unha ferramenta que permite a instalación de varias distribucións Linux (Ubuntu, Fedora, Mandriva, OpenSuSE, Debian, ArchLinux) dende un escritorio Windows ou Linux a través de internet (non hai necesidade de ter un cd de Ubuntu, Fedora, etc…). Menos na instalación de Ubuntu con Wubi, as particións reais serán creadas durante o proceso de instalación. 

7.jpg

 

 

 

 Ó final, teremos un sistema con arranque dual (Linux/Windows ou Linux/Linux) .

Máis información en http://www.howtoforge.com/unetbootin_windows_ubuntu_fedora

Topics: Software | No Comments »

Interface táctiles: pantallas táctiles

By admin | Octubre 24, 2007

Tras ve-los lápices ópticos e as tabletas dixitalizadoras pasamos agora o máis coñecido dos interfaces táctiles: as pantallas táctiles que colleron un auxe sorprendente nos derradeiros tempos.

As pantallas táctiles naceron en 1971 da man de Sam Hurst, creador dun sensor chamado Elograph, aínda que non foi ata o ano 1974 que se fixo a primeira pantalla transparente, que permitía ve-lo que pulsabamos.

Existen moitos tipos de tecnoloxía para a fabricación de pantallas táctiles, pero as máis coñecidas son as resistivas, as capacitivas e as que usan ultrasons.

As resistivas están compostas por diversas capas. A conductiva e a resistiva están lixeiramente separadas e fan contacto cando o usuario pulsa na pantalla. O cambio no campo eléctrico permite calcular as coordenadas desa pulsación.

As capacitivas levan unha capa na parte superior cunha lixeira carga eléctrica. Cando o usuario pulsa algún punto da pantalla esta capa transmite algo da carga a través do dedo e o diferencial de carga permite calcular ese punto.

As que usan ultrasons non requiren de ningunha capa sobre a pantalla, o cal é unha ventaxa porque permiten pasar toda a luz emitida por ésta, ó contrario cas outras dúas tecnoloxías que absorben unha parte desa luz. Outras tecnoloxías que tamén se usan son os infravermellos, con bandas situadas en horizontal e vertical que permiten detectar e triangular o punto onde se interrumpe a emisión e os sensores de presión. Este último ten a ventaxa de que é resistente a actos vandálicos, polo que é moi útil en sistemas públicos. Básase en catro sensores de presión, un en cada esquina da pantalla que permiten triangular o punto onde se presionou.

Ainda que as pantallas táctiles resistivas son populares debido ó seu baixo custo e ó feito de que se pode usar tanto o dedo como un stylus para manexalas, últimamente estanse facendo moi populares as capacitivas, que podemos atopar en dispositivos coma o iPhone, iPod Touch ou e LG Prada, e que soamente se poden usar co dedo.

 

Extraído de: www.xataka.com

Topics: Tecnoloxía | No Comments »

Dispoñible nova versión de Virtual Box 1.5.2

By admin | Octubre 24, 2007

Xa está dispoñible a versión de actualización 1.5.2 de VirtualBox, o software de virtualización para escritorio liberada e aberta a principios de ano, con decenas de correccións e melloras, entre elas:

Outro problema resolto é o mal funcionamento das dead keys, que se fai evidente na imposibilidade de escribir acentos no sistema virtualizado, aínda seleccionando as distribuciones correctas de teclado tanto no “host” coma no invitado.

Extraído de: http://www.vivalinux.com.ar/

Topics: Software | No Comments »


« Previous Entries