« Dispoñible nova versión de Virtual Box 1.5.2 | Main | Instalar Ubuntu ou Fedora dende Windows ou Linux con UNetbootin »
Interface táctiles: pantallas táctiles
By admin | Octubre 24, 2007
Tras ve-los lápices ópticos e as tabletas dixitalizadoras pasamos agora o máis coñecido dos interfaces táctiles: as pantallas táctiles que colleron un auxe sorprendente nos derradeiros tempos.
As pantallas táctiles naceron en 1971 da man de Sam Hurst, creador dun sensor chamado Elograph, aínda que non foi ata o ano 1974 que se fixo a primeira pantalla transparente, que permitía ve-lo que pulsabamos.
Existen moitos tipos de tecnoloxía para a fabricación de pantallas táctiles, pero as máis coñecidas son as resistivas, as capacitivas e as que usan ultrasons.
As resistivas están compostas por diversas capas. A conductiva e a resistiva están lixeiramente separadas e fan contacto cando o usuario pulsa na pantalla. O cambio no campo eléctrico permite calcular as coordenadas desa pulsación.
As capacitivas levan unha capa na parte superior cunha lixeira carga eléctrica. Cando o usuario pulsa algún punto da pantalla esta capa transmite algo da carga a través do dedo e o diferencial de carga permite calcular ese punto.
As que usan ultrasons non requiren de ningunha capa sobre a pantalla, o cal é unha ventaxa porque permiten pasar toda a luz emitida por ésta, ó contrario cas outras dúas tecnoloxías que absorben unha parte desa luz. Outras tecnoloxías que tamén se usan son os infravermellos, con bandas situadas en horizontal e vertical que permiten detectar e triangular o punto onde se interrumpe a emisión e os sensores de presión. Este último ten a ventaxa de que é resistente a actos vandálicos, polo que é moi útil en sistemas públicos. Básase en catro sensores de presión, un en cada esquina da pantalla que permiten triangular o punto onde se presionou.
Ainda que as pantallas táctiles resistivas son populares debido ó seu baixo custo e ó feito de que se pode usar tanto o dedo como un stylus para manexalas, últimamente estanse facendo moi populares as capacitivas, que podemos atopar en dispositivos coma o iPhone, iPod Touch ou e LG Prada, e que soamente se poden usar co dedo.
Extraído de: www.xataka.com
Topics: Tecnoloxía |