« Nova versión de Ubuntu 8.0.4 LTS | Main | Visita ó centro de Supercomputación de Galicia 20 Maio 2008. »
Charla sobre a Wikipedia en Galego, o venres 16 maio ás 11:00.
By admin | Mayo 13, 2008
Actividade: Galipedia, a enciclopedia galega en Internet
O próximo 17 de maio celébrase o día das letras galegas e o día de Internet. Os departamentos de galego e informática do IES San Clemente organizan unha charla para fomentar a presenza do galego na Wikipedia, así como o seu uso. Os obxectivos da xornada son, entre outros:
- Incrementar a presenza do idioma galego na Wikipedia.
- Promover o uso da Galipedia como recurso educativo.
- Dar a coñecer ó profesorado e alumnado a dimensión colaborativa deste proxecto de ámbito internacional.
- Participar activamente na Galipedia mediante a mellora ou creación de artigos novos.
A versión galega da Wikipedia naceu o 8 de marzo de 2003, e conta con 34.447 artigos. Outra lingua estatal, como o catalán, ten máis de 115.000 artigos e, no caso do castelán, preto de 360.000 entradas. Para acadar o éxito desta iniciativa é necesaria a implicación e participación de todo o profesorado do IES San Clemente, así que contamos contigo.
A charla terá lugar o vindeiro venres día 16 de maio ás 11:00 da mañá, no salón de actos do IES San Clemente, e a súa duración será de aproximadamente 1 hora.
Ligazóns:
Wikipedia en galego: http://gl.wikipedia.org
Wikipedia en castelán: http://es.wikipedia.org
Wikipedia en inglés: http://en.wikipedia.org
Wikipedia en catalán: http://ca.wikipedia.org
Topics: Departamento, Informatica |