Plataforma Educativa

Xestión de Rede

Arquivos

Departamento

Visita ó centro de Supercomputación de Galicia 20 Maio 2008.

Sábado, Mayo 17th, 2008

O próximo día 20 de maio faremos unha visita guiada ao Centro de Proceso de Datos e á  Rede de Ciencia e Tecnoloxía do CESGA.
O profesorado e alumnado interesado que fale, por favor, co profesor Jesús Arribi.

Charla sobre a Wikipedia en Galego, o venres 16 maio ás 11:00.

Martes, Mayo 13th, 2008

Actividade: Galipedia, a enciclopedia galega en Internet
O próximo 17 de maio celébrase o día das letras galegas e o día de Internet. Os departamentos de galego e informática do IES San Clemente organizan unha charla para fomentar a presenza do galego na Wikipedia, así como o seu uso. Os obxectivos da xornada son, entre outros:

Incrementar [...]

Listado de webs .local no servidor breogan

Miércoles, Marzo 5th, 2008

Xa está dispoñible un listado das webs hospedadas no servidor breogan para dominios .local
Para acceder simplemente teclear http://breogan.iessanclemente.local
ou tamén pulsando no hiperenlace da esquerda ISP Breogán.
 Tódolos días xenéranse de forma automática (ás 17:00 horas) as miniaturas das páxinas principais dos dominios .local
Saúdos.

O IES San Clemente deixará de empregar Microsoft Office

Martes, Febrero 12th, 2008

Para o vindeiro curso temos programada a migración completa ó paquete ofimático OpenOffice.
 Polo tanto deixaremos de instalar o paquete Microsoft Office nos ordenadores agás a ferramenta Microsoft Access.
www.openoffice.org

Visita ó CPD do SERGAS

Jueves, Diciembre 13th, 2007

O próximo día 18 faremos unha visita guiada ó CPD do SERGAS.
 Aqueles profesores ou alumnos interesados que non se apuntaran, falar co profesor Carrión.

Novo servidor web dpto. Informática.

Sábado, Octubre 6th, 2007

Comunícase ós membros do departamento que xa está dispoñible o Servidor Web do departamento de Informática do IES San Clemente.
Neste servidor están instaladas unha serie de webs que atoparedes no menú da dereita na sección Webs Informática e ademáis poderedes xestionar o control de acceso a Internet tamén dende os menús superior e esquerdo da web [...]