Plataforma Educativa

Xestión de Rede

Arquivos

Publicada Ubuntu 7.10 Gutsy Gibbon

By admin | Octubre 19, 2007

Ubuntu

A versión final de Ubuntu 7.10, máis coñecida como Gutsy Gibbon, e que integra GNOME 2.20, foi publicada tras crear moita expectación debido a súa facilidade de uso e de traer incorporada, entre outras novidades, Compiz Fusion, un entorno gráfico moi  atractivo (ver ambos enlaces) para a mayoría de usuarios medios e que ven por defecto nesta nova versión de Ubuntu.

Gnome 2.20

Outra das características é a facilidade para instalar drivers propietarios, como por exemplo os das tarxetas gráficas Nvidia, drivers sen os cales non se pode aproveitar todo o rendemento que as actuais tarxetas gráficas poden dar.

Ubuntu 7.10 pódese instalar de dúas maneras: cun CD pensado para equipos con baixos recursos, ou ben cun LiveCD, co cal o sistema operativo arranca o teu equipo sen necesidade de instalación no teu disco duro. Esto último é especialmente útil cuando queres comprobar cómo é a distribución, proba-lo hardware antes de instalar, etc, se ben é necesario que dispoñas no teu ordenador de al menos 320 MB de memoria RAM según se indica na páxina de descargas de Ubuntu. En Ubuntu-es.org invítannos a face-la descarga mediante torrent co fin de non satura-los servidores.

Por outra parte, varios medios de comunicación recolleron nas súas edicións dixitais as ventaxas deste sistema operativo. O diario 20 minutos faise eco dos eloxios que fai Wired, nos que sitúa a esta nova versión de Ubuntu como “más fácil de instalar e por en marcha que Windows Vista” (recordemos que hasta a suite ofimática OpenOffice ven instalada por defecto en Ubuntu entre outras distribucións, non tendo que recurrir a “outros medios” para poder instala-lo tradicional Office e poder manexar archivos de Word, etc como sucede en calquera versión de Windows), engadindo ademais que “se achega a Mac OS X en canto a facer cas cousas funcionen nada máis saca-lo ordenador da caixa“.

 Extraído de www.bandaancha.st

Topics: Software | No Comments »

Novo servidor web dpto. Informática.

By admin | Octubre 6, 2007

Comunícase ós membros do departamento que xa está dispoñible o Servidor Web do departamento de Informática do IES San Clemente.

Neste servidor están instaladas unha serie de webs que atoparedes no menú da dereita na sección Webs Informática e ademáis poderedes xestionar o control de acceso a Internet tamén dende os menús superior e esquerdo da web principal.

As novas máis interesantes do departamento e referentes a informática ou á rede do centro, serán postas neste taboleiro para información de tódolos membros.

Para calqueira tipo de información ou solicitude poderedes escribir a informatica_sc @ terra.es

Saúdos.

Topics: Departamento | No Comments »


Next Entries »